Nesta sesión traballamos en grupo actividades relacionadas coa Poesía. Cada grupo elixía unha poesía, que eliximos de diversos libros que trouxo Rebeca, para logo traballar a partir dela.
- Natalia e Andrea: traballaron a seguinte adiviña:
Teño follas sen ser árbore
e fáloche sen ter vos
se me abren,
non me queixo....
adiviña ti quen son.
A partir desta adiviña plastifícanse varios imaxes que se entregarán ao alumnado para que adiviñen a través dela cal sería a solución desta adiviña.
- Ana Cadilla, Iratxe e Lidia: traballaron a poesía do libro “Ventos” de Antonio García Teixeiro, e escolleron o seguinte poema:
Eu pedinlle leite á vaca,
a vaca pediume herba,
a herba pedinlla ó prado,
o prado pediume rega.
Para traballar este poema escribiron o poema en grande (mural) e sinalaron unha serie de palabras que os/as nenas/as deberán cambiar por debuxos.
- Lidia, tamén, traballou a cambiar o final de cada verso (xogando coa rima) escollendo a seguinte poesía do libro “Ventos”:
Preguntaba un neno ó vento
se lle podía encargar
un anaquiño de ceo
para podelo pintar.
O ventiño contestoulle:
“Non é doado, rapaz,
porque o ceo está doente
e téñeno que sandar.”
O neno quedou calado
e marchou de alí correndo.
Deulle ó vento unha menciña
Para que a levase ó ceo.
- Eugenia e Ana: tamén escolleron a seguinte poesía do libro “Ventos”:
A flor soñaba
coas abellas.
O sol soñaba
coas estrelas.
O mar soñaba
coas gamelas.
O vento maino
xogou con eles.
A actividade que realizaron a partir desta poesía foi facer de cada verso a representación mediante unha imaxe.
- Moncho seleccionou escolleu unha serie de libros de poesías para traballar cos/as nenos/as na aula, os libros que levou para a súa a aula son os seguintes:
Ø Cantarolas: de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.
Ø Ventos: de Antonio García Teixeiro.
Ø Poemas para pintar: Concha Blanco
- Guillermo: escolleu o seguinte poema do libro Cantaloras, que se titula CABALIÑO NOVO:
Cabaliño novo, ¡Ala!, ven, acouga
cabalo pedrés, lostreguiño inxel,
que galopas ledo aténdeme un chisco,
polo terraplén, deixa de correr.
acouga un instante,
deixa de correr, ¡Es un toleirón,
ven á miña beira cabalo pedrés!
que te quero ver.
Ven cabalo amigo,
trouleante, ven;
quero darche sopas
de broa con mel,
e arreos do trinque
sobre ti poñer
(para que certos poldros
toleen de vez).
Axóuxeres brancos,
manta de ouropel,
atafal de seda
e o petral dun rei.
A actividade que se realizou a partir desta poesía foi aproveitar como elemento motivador o cadro que pintou en lenzo na sesión de María Lires e un cabalo de papiroflexia.
- Rebeca traballou a seguinte poesía do libro “Ventos”:
Unha paxariña
feita de papel
fala cun ventiño
en saber quen é.
Moitas das palabras
soan a papel.
Repíteas o vento.
Brotan caraveis.
Esa paxariña
feita de papel
pídelle ó ventiño
que a leve con el.
A partir desta poesía traballou a papiroflexia, facendo unha paxariña.
Para rematar e analizando, un pouco, o traballado nesta sesión dicir que foi moi amena e entretida e que sacamos moitas ideas de cómo poder traballar a poesía cos/as nenos/as e que actividades se poden realizar a partir dela xa que en certo modo é un xénero, un pouco, esquecido nas idades infantís e que como puídeos comprobar pódese traballar e realizar moitas actividades divertidas e entretidas a partir dunha poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario