mércores, 8 de xaneiro de 2014

Caderno de Bitácora

Sesión do 18 de Decembro de 2013.

Hoxe tocoume a mín escribir o que fixemos nesta sesión, na que aproveitando que non tivemos a ningún invitado/ poñente decidimos recopilar algunhas técnicas que, na sesión anterior, Elvira e Ana nos mostraron, e elaborar así o noso propio material para apoiar o momento de  contar contos nas aulas.

Unha vez escollidos os contos (que a mayoría os collimos da biblioteca do CRA) puxémonos mans á obra.

A idea era elaborar material para apoiar a narración dun conto na aula, para que así, resulte máis atractivo. Houbo quen escolleu elaborar os personaxes do conto con plastilina como por exemplo Iratxe no conto de "Pinocho", Moncho que elaborou aos animais de "Dona Carme", Andrea que fixo ao coñecido "Coelliño Branco" e Guillermo que creou ao "Gato con botas".

Ana Bento escolleu o conto "E tí, Qué tal estás?" para traballar as emocións e fixo o personaxe con anacos de fieltro,  e tamén varias expresións faciais  que con velcro quitará e poñerá  según a emoción que queira expresar.

Rebeca escolleu  "A verdadeira historia de Carapuchiña" e fixo o escenario do conto para logo (noutras sesións) ir engadindo os personaxes. Al igual que Ana Cadilla con "La niña del parche en la ciudad de los colores olvidados" Fixéronos con papel DIN A3 fotocopiado e debuxado. 

Eugenia co conto "Cocolobo y sus amigos" elaborou os personaxes en cartón para logo facer marionetas. 

Por último Natalia e Lidia con "Fuera de aquí horrible monstruo verde" e "O señor corpo quere xogar" respectivamente empregaron a técnica do collage. 
 
Despois de tres horas de traballo intenso pero moi entretido aínda non rematamos. Noutra sesión teremos a oportunidade de rematar estes traballiños!!!
 
Uxía.